Qué é antenasimasd.com?

Este é o Portal Web das antenas de I+D dos polígonos industriais de Galicia adheridos a este programa, unha rede que pretende canalizar e dar resposta ás necesidades das empresas en materia de I+D+i, contribuíndo a mellorar a competitividade do tecido empresarial galego.

A través deste Portal Web, as empresas que estean interesadas en participar en proxectos de I+D+i poderán desde expoñer as súas ideas para atopar socios tecnolóxicos ata atopar axuda para a tramitación de axudas ou subvencións, e incluso apoio na xestión dos seus proxectos aprobados.

Este espazo virtual da rede de Antenas de I+D tamén pretende ser un escaparate de tecnoloxías innovadoras, achegando os resultados dos proxectos de I+D+i aos seus usuarios empresariais, e participando de xeito activo na súa difusión.

Se desexa obter unha información máis ampla da que se atopa nesta páxina e máis axustada ás súas necesidades, pode facelo a través do formulario de contacto ou ben dirixíndose ás oficinas das Antenas de I+D dos polígonos adheridos.

É unha iniciativa de:



nova

tecnopole_2

Últimas novas I+D

13-06-2008
Axudas para accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia)

No DOGA nº 114, do 30 de xuño publícase a Orde do 30 de maio de 2008 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan galego de investigación,desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite), e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.
02-06-2008
Axudas para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación

No DOGA nº 105, do luns 2 de xuño publícase a orde do 2 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mobilización, dinamización e sistematización da innovación.
27-03-2008
Axudas para o fomento da propiedade industrial

No DOGA nº 59, do 27 de marzo, publícase a orde do 11 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento da propiedade industrial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Polígonos adheridos
Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de Sabón Parque Empresarial de Pereiro de Aguiar Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao
© Copy. Datos de contacto
Aviso Legal | Contacto